Feministes per la Independència

Decálogo. Galego

Por unha República Catalana Ceibe, Independente e Feminista

Queremos construir un novo país mellor entre todas e todos, dende a liberdade, a diversidade, a equidade e a sustentabilidade. Un país onde a política transformadora das mulleres sexa a Política.

As mulleres somos suxeitos de dereito en todas as etapas da vida e sexa cal sexa a nosa orixe.

1- A erradicación das violencias machistas debe ser unha cuestión de estado na República Catalana.

2- Necesitamos un sistema nacional de educación pública, gratuita, laica, catalana, de calidade e coeducadora dende os cero anos ata a etapa universitaria.

3- Esiximos o dereito ao propio corpo, o derereito a ser nais e a non selo, o dereito á reproducción asistida independentemente da opción sexual, o dereito ao aborto libre, o dereito a decidir a nosa sexualidade. Ningún destes dereitos pode verse condicionado polas crenzas relixiosas.

4- Reivindicamos un Pacto Nacional para as Políticas de Igualdade que as faga sustentables, á marxe das coxunturas económicas e da cor política do goberno.

5- Hai que recoñecer e visibilizar ás mulleres e a súa contribución en todos os ámbitos do saber, traballos e prácticas feministas. As mulleres temos todo o dereito ao recoñecemento da nosa xenealoxía feminista.

6- A sustentabilidade da vida debe estar no centro da política en todas as súas dimensións: económica, ecolóxica, social, cultural, de solidariedade, interxeracional, de paz e seguridade. Queremos vivir nun país libre de exércitos, onde a seguridade da poboación se basee no diálogo e as mediacións.

7- Os traballos de coidado e de reproducción social son responsabilidade de toda a sociedade. A organización socioeconómica debe incluir a co-responsabilización dos homes nestes traballos. Hai que soster unhas estructuras públicas que garantan as condicións básicas para o benestar de todas e todos.

8- Esiximos garantir a equidade laboral e salarial, a fin da división sexual do traballo, a erradicación de todas as discriminacións ás traballadoras e asegurar unhas pensións dignas.

9- Reclamamos un Estado laico que non se adhira a ningunha relixión, onde as crenzas relixiosas non inflúan na lexislación nin nas políticas públicas.

10- A mulleres debemos participar no proceso constituinte, na redacción da Constitución, e en cualquera espacio de construcción nacional. Mulleres e homes debemos co-participar en todos os ámbitos de decisión en paridade.

¡Non hai liberdade nacional sen a liberdade das mulleres!

¡Viva Catalunya Independente!

 

Feministes per la Independència #Tram82  eix #Igualtat  #ViaLliure11S 2015

http://www.feministesperlaindependencia.cat

@femviacat

descargar PDF

1 thoughts on “Decálogo. Galego

  1. Retroenllaç: Per una República Lliure, Independent i Feminista. Decàleg | Feministes per la Independència

Deixa un comentari